Ambulancia Tipo A2EN 1789

Transporte Colectivo de Pacientes

Norma europea EN 1789

Deseñada e equipada para o transporte dun ou máis pacientes que non cabe esperar que sexan de emerxencia sobre padiola ou cadeira de rodas. Segundo a capacidade do habitáculo sanitario pode equipar de catro a seis butacas máis a padiola, e ata catro cadeiras de rodas.

Vantaxes

  • Personalización do deseño e a distribución interior. Deseño a medida.
  • Personalización da sinalización de emerxencia.
  • Soportes de electromedicina deseñados a medida.
  • Acabado sen xuntas á vista que facilitan a limpeza e desinfección da ambulancia.
  • Tono de cor interior uniforme incluíndo as portas, independentemente da cor do vehículo basee.
  • Excelente servizo de posvenda.

Estándares

  • Illamento térmico e acústico do habitáculo sanitario.
  • Aire acondicionado e calefacción para o habitáculo sanitario.
  • Mobiliario técnico con materiais lixeiros e propiedades hidrófugas e ignifugas.
  • Asentos con tapizado de fácil limpeza e desinfección, con cinto de tres puntos, respaldo reclinable e reposabrazos abatibles.
  • Porta padiolas con soporte para taboleiro espinal / padiola de pas.
  • Iluminación interior mediante barras LED en teito con dúas intensidades e iluminación de penumbra.
  • Puntos de ancoraxe de cintos das cadeiras de rodas en piso e teito.
  • Rampla manual de dobre encartado DUPLEX, lixeira, antiescorregadiza e con ángulo de carga reducido.
  • Soporte para cadeiras de evacuación/transporte deseñados a medida.

Opcións

  • Ambulancia 100% eléctrica cero emisións, con sistema de baterías independente que non afecta á autonomía do vehículo base.
  • Sistema de ancoraxes para cadeiras de rodas ocultos no piso IntegratedWAV.
  • Dispositivo de soporte de cabeza HANSWAV para as prazas de cadeiras de rodas. HANSWAV permite evitar lesións cervicais en caso de accidente.
  • Cabrestante con mando para carga e descarga das cadeiras de rodas ou a padiola.
  • Sistema de climatización para o habitáculo sanitario.
  • Estribo manual interior ou estribo automático exterior para o acceso a través da porta deslizante lateral.
  • Ampla gama de butacas fixas, abatibles, con base giratoria, pé deslizante, etc. segundo as necesidades da transformación.
  • Raíl para padiola conmutable por praza para cadeira de rodas.
  • Sistema de seguridade de dobre circuíto e dobre botella de osíxeno.
  • Bancada para padiola eléctrica bariátrica.
  • Rotulación exterior e deseño interior segundo imaxe corporativa.


Furgón
Furgón Compacto
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. A navegación implica a aceptación das mesmas. ACEPTAR | Máis información