Unidade Móbil de Coidados Intensivos
Norma europea EN 1789
Deseñada e equipada para o transporte, tratamento avanzado e seguimento de pacientes segundo a norma EN1789. Como requisito especial dispón de espazo libre ao redor da cabeceira da padiola, que xunto co desprazamento lateral da bancada, permite atender ao paciente desde calquera posición.
Vantaxes
- Personalización do deseño e a distribución interior. Deseño a medida.
- Personalización da sinalización de emerxencia.
- Altura interior de máis de 1,80 m (dependendo do vehículo base).
- Mural para electromedicina con soportes deslizantes para unha localización óptima.
- Soportes de electromedicina deseñados a medida.
- Acabado sen xuntas á vista que facilitan a limpeza e desinfección da ambulancia.
- Tono de cor interior uniforme incluíndo as portas, independentemente da cor do vehículo base.
- Excelente servizo de posvenda.
Estándares
- Illamento térmico e acústico do habitáculo sanitario.
- Aire acondicionado e calefacción para o habitáculo sanitario.
- Mobiliario técnico con materiais lixeiros e propiedades hidrófugas e ignifugas.
- Piso proxectado con protección lateral cara ao rodapié sen xuntas, estanco e antiescorregadizo.
- Asientos con tapizado de fácil limpeza e desinfección, con cinto de tres puntos, respaldo reclinable e reposabrazos abatibles.
- Porta padiolas con desprazamento lonxitudinal, lateral e Trendelemburg.
- Iluminación interior mediante barras LED en teito con intensidade variable e iluminación de penumbra.
Opcións
- Sistema CAN BUS CARLA 4.0 con pantallas táctiles en cabina, no biombo do habitáculo sanitario, no reposabrazos de butaca e xunto ás portas exteriores de acceso.
- Sistema de climatización para o habitáculo sanitario.
- Teito interior configurable con focos LED orientables e grupo de focos de luz fría tipo quirófano.
- Porta-ampolas extraíble AMPUBOX integrado en mobiliario con persiana e fechadura.
- Porta deslizante esquerda para aloxar e facilitar o mantemento do cadro eléctrico e as botellas de osíxeno principais.
- Asentos configurables (pié fixo, pié giratorio, base deslizante, testemuñas de cinto abrochado, bariátrica, etc.).
- Bancada eléctrica con múltiples opcións (carga/descarga automática, bariátrica, trendelemburg automático, raíl para padiola eléctrica, etc.)
- Neveira e/ou cámara quenta soros encaixadas no mobiliario.
- Sistema de seguridade de dobre circuíto e dobre botella de osíxeno.
- Rotulación exterior e deseño interior segundo imaxe corporativa.