InstalaciónsRLA Europa

Fabricación de Vehículos Especiais

Un vehículo especial é persoal e único. RLA traballa para que así sexa. Para iso dispón dun sistema de produción integrado e un equipo de enxeñeiros e profesionais multidisciplinares que desenvolven solucións únicas e innovadoras no menor tempo posible e cos mellores niveis de calidade e fiabilidade.


Cada cliente demanda un tipo de vehículo adaptado ás súas propias necesidades, que varían en función da súa rexión ou país e das condicións nas que debe prestar o servizo. RLA desenvolveu unha estrutura de fabricación baseada na Integración Vertical da maior parte dos seus procesos, principalmente aqueles destinados á diferenciación do produto e que crean un maior valor engadido para o cliente.

As instalacións están deseñadas para lograr os obxectivos de flexibilidade, capacidade de produción, calidade e personalización necesarios. Dispón de maquinaria de extrusión de plástico, termo conformado, laser, fresadoras, tornos, plegadoras, perfiladoras, corte CNC, liñas de pintura automatizas e de fabricación de placas electrónicas, que se van aumentando progresivamente coa incorporación de novos procesos industriais segundo as necesidades do mercado e as demandas dos nosos clientes.


Vista aérea


Infraestrutura

56.000

Superficie Total (m2)

28.000

Naves Acondicionadas (m2)

2.300

Oficinas (m2)

340

Persoal Medio Anual

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. A navegación implica a aceptación das mesmas. ACEPTAR | Máis información