ABS Termoconformado NILOAmbulancias Asistenciais Tipo C / Tipo B / SVA / SVB

Deseño Interior en ABS Termoconformado

NILO é un proxecto premiado internacionalmente destinado a fabricar o interior de ambulancias en ABS termoconformado. Cunha imaxe elegante, NILO dispón dunha distribución ergonómica e funcional que facilita o traballo dos profesionais sanitarios e xera un ambiente deseñado para diminuír a tensión do paciente durante o traslado.

A utilización de ABS termo conformado dota á célula sanitaria dunha imaxe continua e homoxénea, con formas agradables e ergonómicas que facilitan o traballo. As diferentes posibilidades de texturas e cores permiten personalizar o acabado interior e adaptalo ás preferencias de cada cliente.



Co axuste á estrutura orixinal do vehículo conseguiuse optimizar ao máximo o espazo con máis de 1.5 m3 para almacenaxe interior dentro do mobiliario, distribuídos en zonas multipropósito e personalizables.

Disponse dunha versión de altura interior libre aumentada ata 2,06 m na versión NILO C PLUS para permitir unha mellor mobilidade en postura totalmente ergueita para os profesionais sanitarios de maior estatura.


Características

  • Fabricación en ABS termoconformado
  • Deseño modular personalizable.
  • Diferentes texturas e cores.
  • Mais de 1.5 m3 de espazo de almacenaxe.
  • Ata 2,06 m de altura interior na versión C+

Vantaxes

  • Espazo de almacenaxe maximizada.
  • Sistema de iluminación xeral e de espazos de traballo.
  • Eliminación de esquinas e xuntas.
  • Great structural resistance of the sanitary cell.
  • Resistance to chemical agents.

NILO está dispoñible nas versións NILO B, NILO C e NILO C PLUS para cubrir todas as necesiades de funcionalidade e espazo interior.

NILO C PLUS

  • Ambulancias Tipo B / Tipo C EN1789
  • Ambulancias SVB / SVA / Tipo II
  • Altura interior de 2,06 metros

NILO C

  • Ambulancias Tipo B / Tipo C EN1789
  • Ambulancias SVB / SVA / Tipo II
  • Altura interior de 1,989 metros

NILO B

  • Ambulancias Tipo B EN1789
  • Ambulancias SVB / Tipo II
  • Altura interior de 1,989 metros

O proxecto NILO foi premiado co prestixioso IF DESIGN GOLD AWARD 2021 na disciplina de Produto dentro da categoría de Automóbiles / Vehículos.

  • Idea: 85/100
  • Forma: 80/100
  • Impacto: 75/100
  • Función: 81/100
  • Diferenciación: 86/100
  • Puntuación Final: 408/500
  • Puntuación de clasificación para os finalistas: 242
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. A navegación implica a aceptación das mesmas. ACEPTAR | Máis información