Cun deseño aerodinámico, RLAF1 axústase perfectamente á carrocería de cada modelo de vehículo formando unha única peza sen unións móbiles. Isto xera un menor consumo de combustible ao reducir a resistencia ao aire, mentres que a xeometría da parte posterior empuxa a carrocería cara ao chan ofrecendo maior tracción, estabilidade e seguridade na condución.
Dispón dunha gran cantidade de pilotos estroboscópicos LED de alta intensidade que garante unha gran visibilidade da ambulancia en calquera dirección. A súa localización permite a iluminación de todo o perímetro do vehículo independentemente de que as portas de acceso estean abertas ou pechadas. Para mellorar a eficiencia unha electrónica de control xestiona o consumo e a temperatura do conxunto.
Con iluminación branca de área lateral e traseira integrada, pode personalizarse con iluminación de dous tonos combinado distintas cores, ademais de equipar opcionalmente unha barra de luz direccional traseira, pilotos dianteiros de alta penetración e baliza luminosa para o seguimento da ambulancia desde o aire.