Nos vehículos de transporte de persoas con mobilidade reducida (PMR) nos que o usuario se despraza na súa propia cadeira de rodas, a ergonomía e a seguridade son fundamentais. Os sistemas convencionais de retención requiren a colocación das ancoraxes sobre as guías do piso despois de situar a cadeira, e o seu desmonte posterior antes de retirala provocando un proceso de carga e descarga lento e complexo. Ademais, o sistema tradicional de fixación das ancoraxes e o cinto de seguridade por parte do profesional é incómodo e en moitos casos ineficaz.
Con IntegratedWAV as ancoraxes atópanse integrados no chan e o teito do vehículo polo que non supoñen ningún obstáculo para a mobilidade interior. Unha vez situada a cadeira, os elementos de fixación e o cinto de seguridade extráense do piso sen necesidade de ningún proceso de montaxe previa. E a descarga é moito máis sinxela xa que se recollen automaticamente grazas aos sete carretes retráctiles que compoñen o sistema.
En combinación o dispositivo de retención de cabeza para usuarios de cadeiras de rodas HANSWAV mellórase o nivel de seguridade e confort para os usuarios e é moi fácil de utilizar por parte dos profesionais que prestan o seu servizo neste tipo de vehículos.